Fondo cabecera Concello de Castro de Rei

Economía

A economía de Castro de Rei é a que caracteriza a toda a comarca da Terra Chá. A Terra Chá pódese definir como unha comarca rural cuxa economía é de clara vocación agrícola e gandeira.

O clima e o chan permiten que haxa unha importante extensión de parcelas dedicadas a pastos onde se alimentan un gran número de vacas destinadas especialmente á produción láctea contando para iso con modernas explotacións que son, na súa maioría, de carácter familiar pero altamente competitivas.

Na zona chaira hai unha gran produción agrícola destinads ao cultivo da pataca e o trigo así como á obtención de forraxe.

Naqueles lugares da comarca onde a topografía é máis montañosa cobra auxe a gandería extensiva, dedicada á produción cárnica e predominando a raza autóctona loura galega.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Castro de Rei
Concello de Castro de Rei
Plaza Mayor N°1 – 27250 Castro de Rei - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 314 034 | Fax: 982 314 061
E-mail: concello.castroderei@eidolocal.es