Fondo cabecera Concello de Castro de Rei

Centros sociais

¿Coñece os centros sociais do seu municipio? O Goberno local está facendo unha aposta firme para contar con espazos para a dinamización social que están pensados para a poboación maior, pero tamén para o desenvolvemento de actividades de interese para todas as franxas de idade.

O obxectivo é que novos e maiores poidan contar con lugares de referencia para informarse e desenvolver actividades do seu interese. O programa destes centros inclúe actividades formativas en distintos ámbitos (como informática ou acceso ás redes sociais), actividades relacionadas coa saúde e o deporte (obradoiros de memoria, excursións de sendeirismo¿) e tamén xornadas divulgativas que pretenden axuntar lecer e cultura (por exemplo obradoiros sobre oficios tradicionais).

Este Concello programa estas actividades con recursos propios e tamén coa colaboración doutras administracións. Neste espazo informarase sobre as próximas actividades dos nosos centros sociais.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Castro de Rei
Concello de Castro de Rei
Plaza Mayor N°1 – 27250 Castro de Rei - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 314 034 | Fax: 982 314 061
E-mail: concello.castroderei@eidolocal.es