Fondo cabecera Concello de Castro de Rei

Parroquias

O término municipal de Castro de Rei, segundo o Nomenclator do 1981, ten un total de 255 entidades singulares de poboación, agrupadas en 25 parroquias, coa seguiente clasificación: Vilas, 1; Aldeas, 247; e Casales, 7.

As entidades de maior poboación, son a chamada: Avenida da Terra Chá, aldea, con 535 habitantes, e a seguir: a vila capital, Castro de Rei, con 160 habitantes, e, Castro, aldea, con 138 habitantes.

As entidades de poboación menor, son: con 1 habitante: Choqueiro, aldea; Freinoval, aldea;e, Ver, casal; con 2 habitantes: Iglesia, aldea, Armental, casal; Reigada, aldea, e Iglesia, casal. Non teñen poboación e figuran no Noménclator, as entidades: Cainzada, aldea; Granda, aldea; Portocovo, aldea; Campo, aldea; e, Longara, casal.

A media de habitantes por entidade singular, con datos do 1981, e de 25,28. A media de habitantes por parroquia de 257,88; e a media de entidades singulares por parroquia de 10,20.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Castro de Rei
Concello de Castro de Rei
Plaza Mayor N°1 – 27250 Castro de Rei - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 314 034 | Fax: 982 314 061
E-mail: concello.castroderei@eidolocal.es